Sunday 05 de May de 2024

Bergondo conta desde xa cunha Unidade de Orientación Profesional


· O Concello é unha das tres entidades en Galicia que recibiu unha subvención de 28.500 euros do Ministerio de Educación para a creación desta unidade, dependente da aula Mentor.

· A súa función é a acreditación de competencias adquiridas por experiencia laboral ou vías non formais de formación.

O Concello de Bergondo recibiu unha subvención de 28.500 euros do Ministerio de Educación e Formación Profesional para a posta en marcha dunha Unidade de Orientación Profesional (UOP), que está en funcionamento desde xa e que depende directamente do programa de Aula Mentor activo no municipio.

A administración local bergondesa é unha das tres entidades de Galicia ás que se lles concedeu a implantación da UOP, xa que o Ministerio só ha outorgado 100 axudas para todo España (70 a entidades locais e 30 a entidades sen ánimo de lucro).

A función da UOP é a acreditación de competencias adquiridas por experiencia laboral ou vías formais de formación, previa avaliación das mesmas. Por tanto, créanse cos obxectivos de, por unha banda, favorecer o acceso a un servizo específico de orientación profesional centrado na atención individualizada a persoas maiores de 18 anos, e polo outro, facilitar a información, orientación, inscrición e acompañamento no procedemento de acreditación de competencias adquiridas por experiencia laboral ou vías non formais e informais.

A Unidade de Orientación Profesional de Bergondo, realizará as seguintes actuacións: difusión, captación e apoio ao rexistro no procedemento de acreditación de competencias; e i nformación e asesoramento sobre ofertas e itinerarios formativos de mellora de cualificación.

A quen lle pode interesar

Está dirixida a persoas que adquirisen os seus coñecementos profesionais desenvolvendo unha actividade laboral e non teñen titulación, para obter o Título de Formación Profesional ou o Certificado de Profesionalidade. Por exemplo: alguén que abandonase os seus estudos para incorporarse ao mundo laboral e aprendese a súa profesión no seu posto de traballo, se realizou actividades non remuneradas que lle permitiron adquirir competencias do mundo laboral se se formou por vías non formais.

Requisitos

Ter a nacionalidade española, certificado de residente comunitario, a tarxeta de familiar de cidadán da Unión Europea, ou ser titular dunha autorización de residencia e traballo en España en vigor. Ter 18 anos cumpridos.

Ademais do sinalado anteriormente, has de ter, polo menos, un destes dous requisitos:
• Experiencia laboral (adquirida nos últimos 15 anos) relacionada coas competencias que queiras acreditar de:
. 2 anos (1200 horas mínimas traballadas) para competencias de nivel I.
ou 3 anos (2000 horas mínimas traballadas) para competencias de nivel II e III.
• Formación (realizada nos últimos 10 anos) relacionada coas competencias que queiras acreditar:
. 200 horas para cualificacións de nivel I.
. 300 horas para cualificacións de nivel II e III.

Os horarios de atención na aula Mentor de Bergondo (situada na Casa da Cultura) ás persoas interesadas son de 8:30 horas a 14:30 horas de luns a venres e de 16 a 18:30 horas os martes e os xoves.